Ophrys apifera

Julio 6th, 2007

As orquídeas, sobre todo as europeas (galegas e portuguesas en particular) van ser protagonistas especiais neste lugar. É unha paixón que nos leva roubado moitas horas, a verdade e que xa non me lembro se foi no 1999 ou no 2000 cando nos propuxemos fotografar todas as especies galegas, algo que aínda non conseguimos, pero nos leva dado grandes momentos e alegrías.
Traigo aquí a raíña das Ophrys, a Ophrys apifera, presente nas catro provincias galegas, perto da costa ou nas zonas calcarias do interior. De floración un pouco máis tardía que a O. scolopax e a O. sphegodes, que son as outras duas do xénero que aparecen en Galicia, ten un labelo un pouco maior que as outras e se diferencia claramente delas.
Ophrys apifera
Este exemplar está fotografado no Caurel perto do lugar de Moreda a mediados do mes de Xuño un día que choveu e choveu até que nos fomos cos bártulos a outro lado.
Escrito por Xisbe.