Viaxe a Os Ancares

No sábado pasado fomos a Os Ancares, máis en concreto ao pico Tres Bispos á procura dunha das poucas orquídeas que aínda non atopamos e da que temos referencia da sua existencia na nosa terra: Pseudorchis albida.
Saímos cedo, papamos moito sol, constatei a miña falta de entrenamento e voltamos sen cheirala. ¿Pena? Ningunha, bon unha pouca. Pero o día deu de si como para disfrutar da paisaxe da serra, ver rebecos e sátiros ( se cadra non era este), e fotografar especies vexetais que non se atopan facilmente no resto do país, como a Gentiana Lutea ou o fermoso Lillium Martagon, que fomos quen de pasar a sua beira e non saudalo até que se nos puxo diante dos fuciños.
Está acabando a temporada das orquídeas, xa só falta a Spiranthes spiralis e haberá que dirixir os obxetivos cara novos intereses, se cadra é este ano que facemos unha colección de cogumelos ou de líquens ou de …que sei eu.
Este post debería levar fotos e espero que Pisco o complete coa sua fermosa colección, si é que se atreve. Saúde e até cando cadre.
Post de Xisbe

Leave a Reply