Archive for the ‘Xeral’ Category

Até pronto

Jueves, Febrero 14th, 2008

erithacus-rubecula-3.jpg

Por causas varias non foi posible manter este blog coa idea orixinal e por iso como tal desaparece. O espacio pode que pase a estar ocupado por temas de maior interese (decidirase en días).

De todos modos o Pisco non irá moi lonxe e seguramente hase establecer nalgunha sebe próxima onde non será difícil localizalo.

Até pronto e disculpas a quen isto lle poidera supor algún tipo de molestia.

Viaxe a Os Ancares

Miércoles, Agosto 8th, 2007

No sábado pasado fomos a Os Ancares, máis en concreto ao pico Tres Bispos á procura dunha das poucas orquídeas que aínda non atopamos e da que temos referencia da sua existencia na nosa terra: Pseudorchis albida.
Saímos cedo, papamos moito sol, constatei a miña falta de entrenamento e voltamos sen cheirala. ¿Pena? Ningunha, bon unha pouca. Pero o día deu de si como para disfrutar da paisaxe da serra, ver rebecos e sátiros ( se cadra non era este), e fotografar especies vexetais que non se atopan facilmente no resto do país, como a Gentiana Lutea ou o fermoso Lillium Martagon, que fomos quen de pasar a sua beira e non saudalo até que se nos puxo diante dos fuciños.
Está acabando a temporada das orquídeas, xa só falta a Spiranthes spiralis e haberá que dirixir os obxetivos cara novos intereses, se cadra é este ano que facemos unha colección de cogumelos ou de líquens ou de …que sei eu.
Este post debería levar fotos e espero que Pisco o complete coa sua fermosa colección, si é que se atreve. Saúde e até cando cadre.
Post de Xisbe

Myrmeleon inconspicuous e amigos

Martes, Julio 24th, 2007

O pisco pediume para publicar isto (1) que pensei que era unha libélula e resultou ser un neuróptero como o (2), pero entón o (3) ¿que é?
neuropteros.jpg
O 1 pode que sexa Myrmeleon inconspicuous. Fotografado perto de Coimbra (23/07/2007)
O 2 sería Libelloides coccajus. Fotografado perto de Moreda-O Caurel. (12/05/2007)
O 3 ???, ¿Quen sabe? É grande coma un paxaro pequeno, moi desconfiado e fai voos curtos. Está fotografado nunha matogueira sobre calizas perto de Coimbra (19/07/2007)
Post de Xisbe

Para mollar pan

Martes, Julio 10th, 2007

feirapopular.jpg

A principios de Xullo celébranse as festas da Rainha Santa pero…un ano si e nos anos impares non. Digamos que os anos pares as festas son completas coas suas bombas de palenque e artificio, co seu programa de actos, con actuacións políticas e relixiosas ( é célebre a procesión da Rainha Santa de Santa Clara para Coimbra e viceversa) e coas suas verbenas diarias ou iso parece. Nos anos impares, sexa porque era a rainha dos pobres ou polo que fose, a cousa reducese á feira popular, feira gastronómica e pouco máis. Foi nesta última, cebrada na Praza do Comercio onde xente das parroquias monta uns telderetes e vende e cociña os seus pratos típicos, algún non resiste e proba ou consume o producido. Como esta muller que disfrutaba dunha especie de sopa con un embeleso goloso que daba gusto vela mollar pan. Até alí nos achegamos o domingo polo serán para ver un rebumbio de traxes típicos, pratos típicos, xente típica, cociñando, comendo, bebendo e sobre todo convivindo en armonía alleos ás miradas de turistas, paseantes e ollos de vidro.

XVIII Festival de Pardiñas

Domingo, Julio 8th, 2007

Parece que os de Xermolos espabilan e xa mostran na sua páxina os carteis do festival deste ano
pardxermolos1.jpg