Febrero 14th, 2008

Por causas varias non foi posible manter este blog coa idea orixinal e por iso como tal desaparece. O espacio pode que pase a estar ocupado por temas de maior interese (decidirase en días).
De todos modos o Pisco non irá moi lonxe e seguramente hase establecer nalgunha sebe próxima onde non será difícil localizalo.
Até pronto e disculpas a quen isto lle poidera supor algún tipo de molestia.
Posted in Xeral | No Comments »
Agosto 11th, 2007
Posted in Flora, foto | No Comments »
Agosto 8th, 2007
No sábado pasado fomos a Os Ancares, máis en concreto ao pico Tres Bispos á procura dunha das poucas orquídeas que aínda non atopamos e da que temos referencia da sua existencia na nosa terra: Pseudorchis albida.
Saímos cedo, papamos moito sol, constatei a miña falta de entrenamento e voltamos sen cheirala. ¿Pena? Ningunha, bon unha pouca. Pero o día deu de si como para disfrutar da paisaxe da serra, ver rebecos e sátiros ( se cadra non era este), e fotografar especies vexetais que non se atopan facilmente no resto do país, como a Gentiana Lutea ou o fermoso Lillium Martagon, que fomos quen de pasar a sua beira e non saudalo até que se nos puxo diante dos fuciños.
Está acabando a temporada das orquídeas, xa só falta a Spiranthes spiralis e haberá que dirixir os obxetivos cara novos intereses, se cadra é este ano que facemos unha colección de cogumelos ou de líquens ou de …que sei eu.
Este post debería levar fotos e espero que Pisco o complete coa sua fermosa colección, si é que se atreve. Saúde e até cando cadre.
Post de Xisbe
Posted in Xeral | No Comments »
Julio 24th, 2007
O pisco pediume para publicar isto (1) que pensei que era unha libélula e resultou ser un neuróptero como o (2), pero entón o (3) ¿que é?

O 1 pode que sexa Myrmeleon inconspicuous. Fotografado perto de Coimbra (23/07/2007)
O 2 sería Libelloides coccajus. Fotografado perto de Moreda-O Caurel. (12/05/2007)
O 3 ???, ¿Quen sabe? É grande coma un paxaro pequeno, moi desconfiado e fai voos curtos. Está fotografado nunha matogueira sobre calizas perto de Coimbra (19/07/2007)
Post de Xisbe
Posted in Xeral | 2 Comments »
Julio 23rd, 2007
Posted in Flora | No Comments »
Julio 22nd, 2007
Cando se fai fotografía digital macro temos algúns problemas: a profundidade de campo e o desenfoque.
En distancias tan cortas é difícil conseguir unha adecuada profundidade de campo, sobre todo con cámaras compactas que son as que permiten achegarse ao obxeto a fotografar a distancias de 1 cm.

Na fotografía de cima conseguín que a efímera saíse a foco pero non se conseguiu un desenfoque dos outros planos para destacar o insecto de forma conveniente. Si abro o diafragma pode que partes do obxeto fiquen fora de foco (cómo neste caso) e si o pecho non consigo desenfocar os planos traseiros.
Solución?
Usar unha réflex dixital (ou analóxica), con un bon obxetivo macro, con fuelle ou con aneis de extensión, a ser posible con tripé (trípode si preferides) e moita paciencia. O problema disto é que probablemente che leve un bon cacho preparar todo e cando vaias facer a foto o bicho teña fuxido.
A outra solución é a manipulación dixital: unha boa selección, un desenfoque dos planos traseiros e un pequeno toque de máscara de enfoque para o protagonista.

¿Algo artificial ou moito?
Post de xisbe
Posted in foto | No Comments »
Julio 12th, 2007
Insecto en flor amarela ven a ser algo moi frecuente e sin maior importancia. Quero abrir unha categoría con ese nome onde irían a parar aqueles posts que foron feitos para sair do paso. Será que nos atrevemos a mostrar a nosa incompetencia ou vagancia poñendo posts sin relevancia ou insectos en flor amarela. Penso que si me atreverei porque teño unha manchea de insectos en flor amarela.
Posted in Flor amarela | No Comments »
Julio 10th, 2007

A principios de Xullo celébranse as festas da Rainha Santa pero…un ano si e nos anos impares non. Digamos que os anos pares as festas son completas coas suas bombas de palenque e artificio, co seu programa de actos, con actuacións políticas e relixiosas ( é célebre a procesión da Rainha Santa de Santa Clara para Coimbra e viceversa) e coas suas verbenas diarias ou iso parece. Nos anos impares, sexa porque era a rainha dos pobres ou polo que fose, a cousa reducese á feira popular, feira gastronómica e pouco máis. Foi nesta última, cebrada na Praza do Comercio onde xente das parroquias monta uns telderetes e vende e cociña os seus pratos típicos, algún non resiste e proba ou consume o producido. Como esta muller que disfrutaba dunha especie de sopa con un embeleso goloso que daba gusto vela mollar pan. Até alí nos achegamos o domingo polo serán para ver un rebumbio de traxes típicos, pratos típicos, xente típica, cociñando, comendo, bebendo e sobre todo convivindo en armonía alleos ás miradas de turistas, paseantes e ollos de vidro.
Posted in Xeral | No Comments »
Julio 8th, 2007
Afondando en Ophrys, e en acrómicas, este exemplar que atopamos un mes antes perto do anterior, en este caso unha Ophrys scolopax. Cou unha distribución máis limitada que a O. apifera, só a localizamos en Rubiá e Caurel, en zonas calcarias, aínda que hai constancia de que medra en outros concellos.

Post de Xisbe
Posted in Flora, Orquídeas | 2 Comments »
Julio 8th, 2007
Parece que os de Xermolos espabilan e xa mostran na sua páxina os carteis do festival deste ano

Posted in Xeral | 1 Comment »